A ASOCIACIÓN CULTURAL ALEXANDRE BÓVEDA é un colectivo d persoas comprometidas coa lingua e a cultura do país que traballa desde o asociacionismo cultural d base

Joined September 2015
9,851 Photos and videos
O acto programado para este mércores dentro do Ciclo Pensando a Ciencia queda adiado.
46
O xoves 18 de xuño ás 19:30 h terá lugar a presentación do libro A batalla pola nación. Historia da creación e consolidación da @GalizaUPG. Coa participación do autor Ramón Ermida, @silviaseixasnai e Francisco Rodríguez. Publicado en @iterraetempo. 📚 acalexandreboveda.gal/event/…
1
1
42
O venres 19 ás 19:30h dentro do Cineclub Bóveda proxectamos A moza da cidade (F. W. Murnau, 1930). A sesión contará coa presentación de Martin Pawley, crítico e programador para quen esta é a súa película favorita de toda a historia. 📽️ acalexandreboveda.gal/event/…
37
O 14 de xuño de 2014 morría María Wonenburger, matemática galega, investigadora nos Estados Unidos e o Canadá. Desenvolveu investigación en álxebra e na teoría de grupos e das álxebras de Clifford. Realiza os seus estudos na universidade de Santiago de Compostela e en Madrid.
1
3
9
249
Publicou en revistas, dirixiu oito teses de doutoramento, como o traballo que daría orixe á teoría de Kac-Moody con aplicacións en Matemáticas, Física e Informática. Polo nivel e repercusión científica dos seus traballos, é considerada unha figura excepcional das Matemáticas.
1
55
No 2007 a @Xunta creou o Premio María Wonenburger para recoñecemento as mulleres galegas con traxectorias notables no ámbito da ciencia e tecnoloxía. Foi investida doutora honoris causa pola UDC en 2010.
38
O 13 de xuño de 1906 nace en Viveiro o diplomático, escritor e tradutor Lois Tobio. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos, do que dirixiu a sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas, e participou na creación do Partido Galeguista.
1
8
11
207
A sección do SEG que coordinaba Tobío propuxo redactar un Anteproyeito de Estatuto da Galiza, que deu pé ao Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. O grupo de traballo formárono Alexandre Bóveda, Ricardo Carvalho Calero, Valentín Paz-Andrade, Vicente Risco e o propio Tobío.
1
3
6
164
Tras o 36 estivo exiliado en Cuba, México e Uruguay. Colabora na revista Galicia Emigrante. É autor dunha Autobiografía e ensaios. Traduciu ao galego obras de Rilke, Bertold Brecht e Goethe. A universidade de Santiago deu o seu nome a un Premio de Investigación Xurídica.
1
2
83
O 11 de xuño de 1973 morre en Santiago o escritor e investigador Fermín Bouza Brey. En 1923 participa da fundación do Seminario de Estudios Galegos e empezan a publicarse os seus traballos de investigación nos Arquivos do Seminario.
1
5
13
232
Nao senlleira foi impreso pola editorial Nós en xaneiro de 1933 e foi o último volume editado por Nós na rúa das Hortas de Santiago, onde Casal trasladara o seu obradoiro desde A Coruña en 1931. Durante a guerra Brey foi afastado do seu posto, acusado de masón e galeguista.
1
2
2
171
Os seus abondosos estudos versan sobre folclore e etnografía, arqueoloxía, heráldica, arte, epigrafía, historia, crítica literaria e literatura. Foi membro @academiagalega. Para máis información: oslibrosdeanxelcasal.blogspo…

1
1
43
Bo día! Hoxe ás 19:30h celebraremos unha mesa redonda organizada por @ADEGAgz na que se analizará o posíbel impacto ambiental e social da planta de biogás proxectada na Laracha.
3
2
71
AC. Alexandre Bóveda 🛰 retweeted
O mércores ás 19:30h intervirá Helena Miguélez, da @ClaraCorbelhe, arredor do lugar que ocupa a simboloxía e historiografía propia de Galiza no espazo público das cidades, usando como exemplo os monumentos a Curros Enríquez da Coruña e Vigo. acalexandreboveda.gal/event/…
2
1
250
E un lembrete ! Hoxe temos o último encontro desta xeira de Pensando o Futuro cunha conferencia de Helena Miguélez. x.com/ACBoveda/status/206407…

O mércores ás 19:30h intervirá Helena Miguélez, da @ClaraCorbelhe, arredor do lugar que ocupa a simboloxía e historiografía propia de Galiza no espazo público das cidades, usando como exemplo os monumentos a Curros Enríquez da Coruña e Vigo. acalexandreboveda.gal/event/…
1
50