🟪📸 As persoas que asisten ao programa universitario para maiores IV Ciclo da USC acudiron a semana pasada á ferrería de Penacova (Bóveda), de Manuel Valcarce.
🟪⏳ A Escola Infantil de Sober abre un período extraordinario de reserva de matrícula ata o día 7 de agosto para que as familias interesadas poidan cubrir as súas solicitudes.
👶 Neste momento quedan prazas libres nas aulas de 0 a 1 anos e de 2 a 3 anos.
🟪🗣 Entrevista ao alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, en Más de Uno de Onda Cero Monforte de Lemos, na que fala da rehabilitación dunha edificación tradicional situada no núcleo rural de Portizó. A partir do minuto 17:12.
ondacero.es/podcast/emisoras…
🟪 🍒 Loli de Arxemil participou en A Voltas Co Prato da TVG, onde propuxo aos cociñeiros un reto moi doce: elaborar unha sobremesa ou outra delicia con cereixas.
Se queredes ver o resultado e a súa participación completa, podedes facelo aquí 👇
agalega.gal/videos/detail/37…
🟪🏡 O 20 de xuño, unha xornada de portas abertas dará a coñecer os traballos de rehabilitación realizados na aldea abandonada de Donelle, na parroquia de Gundivós.
🗞 La Voz de Galicia.
🟪 Temporada de verán dos Trens Turísticos, entre os que se atopa a Ruta da Ribeira Sacra polo río Sil.
➕ Información: goo.su/x6kjIca.
🗞 La Voz de Galicia.
🟪✍️ Imaxes da primeira xornada do proxecto de Democratización do Coñecemento da USC, que comezou onte en Sober cun relatorio sobre as antigas ferrerías e os oficios tradicionais e que continuará esta tarde.