Asociación Española Contra o Cancro - Xunta Provincial da Coruña. Comprometidos na loita contra o cancro e na mellora da vida de pacientes e familiares 💚
Antes de saír a entrenar, hai cousas que non se che deben esquecer. Protexer a túa pel debería ser unha delas.
Usa protector solar FPS 50, repite a aplicación cada 2 horas e evita as horas de máis sol.
protegetupiel.contraelcancer…#protegelapieldelsol
🌞 O cancro de pel é un dos máis prevenibles.
No Día Europeo da Prevención do Cancro de Pel, lembramos que protexer a pel e mellorar a concienciación sobre o coidado da pel pode marcar a diferenza.
💚 A prevención e a detección precoz seguen sendo as nosas mellores ferramentas.
O vindeiro 12 de xullo celebramos a nosa andaina solidaria en Ares, unha oportunidade para camiñar xuntas e xuntos por unha causa que nos une 🏃♀️🏃♂️💚
🗓 Domingo, 12 de xullo
⏰ 11:00 horas
📍 Saída: Praia do Xuncal
📏 Percorrido: 6 km
📍 Inscricións en:
* Ópticas Noroeste
* Kiosco de Emma
* Floristería Real
* Concello (Edificio de Servizos Sociais)
* Peluquería María Roel
Tamén podes inscribirte nesta web: enmarcha.contraelcancer.es/e…
Onte celebramos na nosa sede da Coruña unha charla moi interesante sobre dermatoloxía, na que abordamos a importancia do coidado da pel ☝️☀️
Esta actividade forma parte da nosa colaboración coa @EscolaSaude do Sergas (@SanidadeXunta) 🤝
#TodosContraelCáncer#ContraelCáncer
Hai proxectos que deixan pegada máis alá do tempo que duran 👣💚
Hoxe celebramos o peche do programa EnRede en A Coruña e Ferrol, dous encontros cheos de emoción nos que pacientes e familiares compartiron vivencias 🤝✨
En Ferrol, o horto urbano de Canido foi o escenario deste peche 🌿, mentres que na Coruña nos reunimos no parque de Santa Margarida 🌳, dous lugares ideais para botar a vista atrás e valorar todo o vivido.
Máis de 200 persoas formaron parte desta edición 💚
Grazas ás persoas que participastes, aos voluntarios e ás voluntarias por facer desta experiencia algo tan especial.
#TodosContraelCáncer#ContraelCáncer
A Xunta Local de Aranga cumple 30 anos axudando aos pacientes e ás súas familias. Parabéns👏✨
O presidente desta Xunta Local, Fermín Álvarez, aproveitou a ocasión para agradecer o apoio dos socios e a colaboración da veciñanza 💚
A danza tamén suma contra o cancro 💚✨
Este domingo estivemos presentes na gala de danza organizada pola escola Tempos e Menssana no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Unha cita chea de solidariedade na que participaron bailarinas e bailaríns de todas as idades 💃
Hoxe celebramos en Santiago o peche do curso do programa EnRede, cun encontro moi especial no Centro Cívico de Santa Marta no que participaron pacientes e familiares tras meses compartindo actividades e experiencias ✨️
Lourdes Silvoso, coordinadora
provincial de Atención ao Paciente e Usuario da Asociación, destacou que este programa favorece o benestar social e emocional 👏
Un proxecto no que o máis importante vai máis alá das actividades: son as relacións que se crean 💫
Grazas a todas as persoas que participastes, así como aos voluntarios e voluntarias, por facer posible este espazo tan necesario 💚
#TodosContraelCáncer#ContraelCáncer
Preparando todo para a andaina solidaria deste domingo na Pobra do Caramiñal 💚👣
Esta semana, a nosa Xunta Local en A Pobra do Caramiñal mantivo unha reunión de coordinación coa Policía Local e Protección Civil do municipio, ultimando os detalles da nosa andaina solidaria.
Se aínda non te anotaches, estás a tempo! ⏳
💻 Inscríbete online neste enlace: enmarcha.contraelcancer.es/e…
📍 Tamén podes inscribirte nas mesas informativas situadas nos Xardíns Valle-Inclán ata o 13 de xuño:
🗓 Mércores e sábados de 11:00 a 13:30
🗓 Domingos de 11:30 a 14:00