Este domingo pode ser o momento. E se queredes sentilo e gozalo en Riazor cos vosos e cos xogadores, por favor, NON INVADADES O CAMPO. Se o facedes, impedides que o deportivismo viva un momento inesquecible.
⚠️ ATENCIÓN ⚠️
En caso de vitoria, pregamos a todos os deportivistas que non invadan o campo e que permanezan nos seus asentos. Rogamos que se cumpra esta premisa para que poidamos celebrar todos xuntos o ascenso.
Sabemos que xa tendes a vosa camiseta azul preparada e a gorxa afinada. Nós tamén estamos ansiosos por tinguir Coruña de azul e percorrer xuntos as súas rúas.
LEMBRA. Sitúate detrás da faixa de cabeceira durante o corteo. Diante dela, irán os megáfonos, bombos e bandeiróns.