Joined January 2011
1,233 Photos and videos
Pinned Tweet
1
1
215
🇪🇺🤝Hoxe recibimos no centro ao grupo de intercambio #ErasmusPlus procedente de Praga. A súa primeira xornada incluíu unha visita a #Ribadeo e á impresionante #PraiaDasCatedrais, onde tamén foron recibidos no Concello polo alcalde, Daniel Vega. 💙Grazas pola magnífica acollida!
2
2
60
🌊Con motivo de celebración do festival De Cabo a Cabo este luns 15 en Burela, o alumnado de 1º Bac de Artes participou nunha instalación na Praza de Abastos da man da artista Alicia Alonso. Trátase dun homenaxe á multiculturalidade da nosa vila. Grazas por contar con nós! 💙
1
2
40
📢PRAZO DE SOLICITUDE PARA A FP! 📅 Do 15 ao 30 de xuño estará aberto o prazo para solicitar praza na FP para o curso 2026-2027. No IES Monte Castelo apostamos por unha formación práctica, conectada co mundo laboral e con grandes oportunidades de inserción profesional.
12
🎓 Parabéns á promoción de 2º de Bac! O 97% superou a PAU!, un resultado que reflicte o voso esforzo, constancia e dedicación 📚 Foi un camiño con retos pero soubestes superalos. E para quen non o conseguiu nesta ocasión, moito ánimo, teredes novas oportunidades. 🍀Moita sorte!
2
2
31
📢📢ÚLTIMOS DÍAS!!! 📌 AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PRAZO DE PRESENTACIÓN Ata o 19 de xuño de 2026
11
🌍✈️O alumnado de 2º de Bac está a vivir unha gran experiencia Erasmus en Europa. Dende o 6 de xuño, o grupo de estudantes, acompañados por Marcelino Luna, participan nunha mobilidade educativa e cultural que os levou por Hungría, Romanía e, dende hoxe, Italia. 🤝 #ErasmusPlus
2
2
27
🎨🏥O alumnado de 1º de Bac de Artes foi convidado a un acto no Hospital para poñer en valor o seu traballo no deseño do logotipo do 40º aniversario do centro. A directora do hospital, María José Cortés, destacou a calidade das propostas e agradeceu o esforzo e a implicación. 👏
1
1
22
✨ Un grupo do ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería participa estes días nunha mobilidade Erasmus VET KA-121 en Portugal. Durante a estancia visitarán Chaves e Braga, vivindo unha experiencia internacional inesquecible. 🌍🇪🇺🇵🇹 #ErasmusPlus #ErasmusVET
2
2
42
Dentro do programa #AcordamosConvivir, alumnado, profesorado e familias participaron en formacións sobre dinámicas restaurativas impartidas por Noelia, da cooperativa Atalaias, para aprender a escoitar, expresar emocións, resolver conflitos e coidar os vínculos 🤝✨
2
19
📍O alumnado de 1º ESO participou no Correlingua en Ribadeo🧡 Manifesto, andaina polas rúas da vila e actividades lúdicas nunha xornada de convivencia, diversión e reivindicación da nosa lingua, na que o alumnado tamén participou con materiais elaborados nas clases de Lingua💬
2
19
✨Hoxe demos a benvida a Viktorie e Stepanka, alumnas procedentes da República Checa que participan no programa Erasmus de intercambio de longa estancia. Estarán con nós ata finais de xuño, incorporándose á vida académica e cultural do centro. Benvidas á nosa comunidade! 💙
2
2
66
📚 AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS Curso 2026/27 📌 Aberto o prazo para solicitar: ✔ Axudas para material escolar ✔ Participación no fondo solidario de libros de texto ℹ Máis información: edu.xunta.gal/centros/iesmon…
23
🎬 Noraboa a Carla e Cristina por ser finalistas no festival de curtas escolares Olloboi! A súa obra “A Metamorfose”, baseada en Kafka, é un traballo de videoarte realizado na materia de Cultura Audiovisual (1º de Bac). Podedes vela en: olloboi.gal/olloboi-2026/ Moita sorte! 🍀
1
1
34
🌱O alumnado de 2º da ESO visitou a UDC dentro do programa A Mariña Sustentable, onde puido coñecer diferentes proxectos e iniciativas sobre sustentabilidade.♻️🌍A actividade completouse cunha visita ao Acuario da Coruña 🐠 Unha xornada moi enriquecedora, chea de aprendizaxes 💚
29
💬 O alumnado de 1º da ESO participou nunha charla sobre ciberseguridade 💻🔒 e o de 1º de Bacharelato asistiu a unha sesión sobre adiccións con substancias 🚭⚠️, ambas impartidas por Ramón do Plan Director da Garda Civil para a convivencia e seguridade nos centros educativos.
1
16
✨ O alumnado de 1º da ESO participou nunha charla sobre integración e diversidade da man de Emma Gala, peruana e veciña de Burela, que compartiu a súa experiencia migratoria. 🌍💬 A actividade contou tamén coa participación de Conchi, do Departamento de Inmigración do Concello.
29
🎓✨ O pasado xoves celebramos a graduación de 2º de Bacharelato. Unha tarde chea de emocións, discursos, música, entrega de orlas, risas e moita ledicia compartida 💙 A celebración continuou na cea e na festa para despedir unha etapa inesquecible. Moitos parabéns e moita sorte!
2
3
67
🎓🌍 A semana pasada fixemos entrega dos diplomas ao alumnado participante no Programa Erasmus 2024-26. Parabéns a tod@s por formar parte desta experiencia única de aprendizaxe, intercambio cultural e crecemento persoal. 💙✈️ #ErasmusPlus #iesmontecastelo
2
3
73
📚✨ BEGOÑA EN ESMELLE ✨📚 🤔 Que sabes sobre Begoña Caamaño, Circe ou Morgana? 💡 Estes días celebramos as #LetrasGalegas2026 cun pasatempo creado polo EDLG e recomendacións lectoras dende a biblioteca 📖 🎁 Aprender, xogar e descubrir a nosa literatura! 💙
2
22
🌸📚 Actividades Letras Galegas 📚🌸 O pasado venres vivimos unha xornada moi especial 💜 Fixemos un obradoiro de chapas e gozamos da música de 🎶 Uxía Senlle, adicada a Begoña Caamaño. Unha actividade chea de creatividade, cultura e orgullo pola nosa lingua 💙
1
46