Xubílase Xosé López, xornalista, mestre de xornalistas na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, da que foi decano, colexiado e colaborador de moitas iniciativas do Colexio de Xornalistas.
Grazas, ‘Morgan’ por tantos servizos á profesión.
A semana pasada Morgan impartiu a súa derradeira clase antes da xubilación e un grupo de profesores substituímos os alumnos na aula. Morgan, pouco amante de confesións persoais, revelounos a súa verdadeira vocación: "Eu sempre fun un Balbino", dixo.