🟢Este xoves 11 de xuño celébrase o Día Internacional do Cancro de Próstata. Como cada ano, o Parlamento de Galicia iluminou onte á noite a súa fachada de cor verde para axudar a visibilizar esta enfermidade e animar a informarse sobre a súa prevención, e tamén o fará na de hoxe.