Dobre visita estes días a Poio. Compartindo tempo coa comunidade escolar do Colexio de Chancelas, que estera patio, e cos veciños do parque Lourido, onde unha escultura do Centro de FP Cantería de Galicia lémbranos o valor da familia
Xa dispoñible o primeiro capítulo do podcast #GaliciaCalidade.
Unha conversa con Federico Martinón para falar dunha Galicia que tamén está á vangarda mundial no ámbito das vacinas.
Aquí podedes velo completo: youtube.com/watch?v=1W1yO3ib…
Na Romaría do PP da Coruña, reafirmamos unha política do SI, do traballo e da ambición por Galicia.
Coa vista posta nas municipais e nas xerais, defendemos un modelo baseado no sentidiño e na estabilidade que pode impulsar tamén o cambio en España da man de @NunezFeijoo
🗓️ Xa temos data oficial para o inicio do curso 26/27!
Empezará o 9 de setembro e rematará o 21 de xuño de 2027
Tedes máis info na ligazón. E o luns estará tamén dispoñible no Diario Oficial de Galicia
ℹ️ edu.xunta.gal/portal/node/50…
Estamos en pleno proceso de renovación dos equipamentos do @CESGA_, o que nos sitúa máis que nunca á vangarda en Europa e nos permitirá asumir novos retos científicos e tecnolóxicos
Anunciamos que terá un segundo computador cuántico para formación e simulacións
#GaliciaCalidade
A FP galega non só forma profesionais, tamén crea innovación, emprendemento e futuro
Con máis de 1.250 participantes e 20 empresas, nesta edición de #InnovaTech seguimos fortalecendo unha formación conectada coa I G i e co tecido produtivo, transformando ideas en solucións reais
Na segunda edición de A Galicia Inédita, recoñécese o traballo dos fotoxornalistas que nos axudan cada día a mirar Galicia con máis fondo e máis verdade.
Unha homenaxe ao seu talento, á súa ollada e a un oficio imprescindible para contar o que pasa
#GaliciaCalidade
Moi agradecidos ao @CPEIG polo seu Premio Impulso Dixital, que recoñece a aposta da @Xunta por unha #GaliciaCalidade máis innovadora e preparada para os retos do futuro
Traballamos desde a educación e a I G i en medidas como a Lei de educación dixital ou a fábrica europea de IA
🏆 Premio Impulso Dixital de Galicia de #anoite2026 do #CPEIG para a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional @EduXunta da @Xunta polo seu liderado estratéxico na construción dunha Galicia más innovadora e dixital para enfrontar os retos do futuro
Nos Premios Pontevedreses do Ano, recoñecemos a Amalia Bóveda, Andrea Mirón, Rosario García e Antón Castro, a Iago Martínez por EDIGAL e María Jesús Monterde por XOGA.
Nomes propios do talento e da capacidade de facer unha Pontevedra e unha Galicia mellores
#GaliciaCalidade
Que a #GaliciaCalide poida aspirar a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN demostra a competitividade internacional da I G i
Hoxe abordamos con expertos doutras rexións europeas como seguir mellorando a nosa ciencia e innovación
O xornalismo apréndese nas aulas galegas grazas a programas como @prensaescuela e Voz Natura
Parabéns a todos os centros participantes, en especial aos premiados, e a @lavozdegalicia por manter esta proposta didáctica desde hai case 40 anos
Esta mañá participamos na clausura dunha nova edición do programa Voz Natura de @lavozdegalicia.
Unha iniciativa na que, ano tras ano, estudantes e mestres de toda a xeografía galega presentan os seus proxectos, avanzando na concienciación ambiental e natural entre os escolares.
A Lei de educación dixital incorpora unha trintena de achegas do Consello Escolar de Galicia, a quen agradezo as súas propostas
A piques de rematar o curso, reunímonos para abordar a futura norma e valorar o bo traballo desenvolvido estes meses nas aulas
Atendemos as necesidades demográficas. Por iso, ampliamos o Instituto Lamas de Abade, con case 500 m² novos e máis de 1,3 M€ de investimento, dentro do Plan de nova arquitectura pedagóxica
Con esta obra, o investimento en actuacións en marcha en Santiago é de 6,5 M€
Outro ano máis en @talentos_IN tiven a oportunidade de coñecer da man dos propios alumnos proxectos que demostran como a tecnoloxía pode estar ao servizo das persoas
Tres palabras: creatividade, compromiso e innovación para mellorar a autonomía e a calidade de vida
A ciencia tamén se aprende creando, experimentando e explorando
Hoxe recoñecemos os 20 mellores proxectos sobre a eclipse de sol elaborados este curso polo alumnado nos Polos Creativos. O nivel é espectacular!
Na Cidade Deportiva Afouteza, comprobamos que o @RCCelta segue construíndo futuro con ambición, seriedade e visión.
Un proxecto que medra a bo ritmo, pensado para o primeiro equipo, a canteira e As Celtas, e que reforza a proxección deportiva de Galicia
#GaliciaCalidade
Parabéns aos 282 alumnos e alumnas que hoxe se gradúan en Enxeñaría Industrial na @uvigo.
Un orgullo ver tanto talento novo e tanta #GaliciaCalidade preparada para abrirse camiño e contribuír ao futuro dunha terra que precisa do voso coñecemento. Moita sorte nesta nova etapa!
🔬 Reforzamos a captación de talento nos centros de excelencia coa incorporación de 40 novos investigadores
🔹 O programa Talentgal mobilizará 9 M€ para atraer talento internacional en ámbitos estratéxicos como a medicina, a química ou a biotecnoloxía
#ConselloXunta
Na feira @SalimatAbanca en Silleda, reúnese unha boa mostra dos nosos produtos do mar, que son un gran exemplo desa #GaliciaCalidade que nos identifica tanto aquí como fóra das nosas fronteiras.
Hoxe visiteina co meu compañeiro @RomanLalin