Que privilexio revivir a nosa historia e conectar co noso pasado romano da man do escritor
@SPosteguillo
A conferencia que esta tarde ofreceu na Delegación Territorial foi realmente apaixonante, ademais dun éxito de público, poñendo o perfecto broche de ouro á programación polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade.
Gracias a Santiago Posteguillo por esta magnífica exposición, á Cohors III Lucensium polo seu apoio imprescindible para facer posible o que un día foi un soño, e a todos cantos asistiron para desfrutar connosco desta viaxe no tempo.
Este día quedará sen dúbida na memoria de todos os amantes da historia, para lembrarnos tamén o orgullo e a responsabilidade de seguir honrando e coidando a nosa Muralla.