#ULTIMAHORA
🚨 CAMPAÑA DE ABONADOS
@RCCelta 26/27🚨
💵 Estes son os prezos desta tempada:
➡️ Xunto ó teu abono normal hai que sumar (se queredes) o suplemento da UEFA e o suplemento de SEGUNDA DIVISIÓN (este último só se queredes sitio fixo)‼️
💵 Suplemento para ver ó Fortuna en Segunda (só se queredes ter sitio fixo en Tribuna). Opcións:
🅰️ Pagar un suplemento de 63€ por toda a tempada en Segunda (se subimos)
🅱️ Se non queredes sitio fixo, sacades entrada gratis (se tes o carnet celtista ou o abono) na web pero podedes quedar sen ela segundo a demanda
✍🏼 Ademáis:
➡️ Hai subida do IPC (3%) no importe do abono
➡️ O carnet celtista agora custa 32€ (antes custaba 30€), o carnet
@AsCeltas agora custa 53€ (antes 50€) e o carnet
#AFundacion agora custa 90€ (antes 80€)
➡️ Hai unha subida no suplemento UEFA (por exemplo en Marcador Alto de 71€ a agora 73€)
✍🏼 Datas a ter en conta:
➡️ Renovacións: Do 11 de xuño ó 19 de xuño
➡️ Cambio de asento: Do 23 de xuño ó 26 de xuño
🔥 Novas altas: Do 1 de xullo ó 3 de xullo
➡️ Cobro de recibos: Do 1 de xullo ó 5 de xullo
💵 Pago suplemento UEFA: Do 3 de agosto ó 10 de agosto
➡️ No caso de ascenso a Segunda o suplemento poderá pagarse en agosto antes de comezar
#LaLigaHypermotion.
😉 Iremos puntualmente recordando todas as datas para que non vos esquezades