Perfil oficial que informa da actividade do Concello de Abegondo

Joined January 2010
2,196 Photos and videos
📚🗣️ O Grupo de Lectura do IES de Viós visitou hoxe Os Loureiros, dentro do seu programa de actividades sobre o modernismo. 👉 O alcalde, José Antonio Santiso, explicoulles a transformación do antigo espazo de eventos en Pazo da Cultura público.
43
🤸‍♀️🙌 A abegondesa Inés Bello, do Club Ausarta de Bergondo, proclamouse campioa galega de ximnasia rítmica na categoría de cadete prebase. 👉 Nas dúas últimas edicións conseguiu o subcampionato na súa categoría e agora chega ao primeiro escalón do podio. 👏 Es un orgullo, Inés!
52
🎉🗓️ As Festas de Folgoso celebraranse esta fin de semana, desde o venres 19 ata o domingo 21 de xuño, coa colaboración do Concello de Abegondo. 🎶 A celebración arrincará coa Gran Churrascada popular e a verbena.
1
1
1
535
👉 Ademais, o sábado 20, a partir das 17:00 horas, terá lugar a apartura da piscina en Beche, coa actuación de Aixa Romay.
1
1
1,115
🐕 Esta mañá celebrouse a XXVII Mostra de Cans de Caza, unha cita que reuniu a afeccionados, criadores e exemplares de toda Galicia. 🏆 A finca As Quintás acolleu o evento que contou cos seguintes premiados ⬇️
4
69
🏅O mellor lote foi para Josacho da Laracha, cos seus cans Papa, Roma, Bonita e Pequena, cans de raza Anglo-Francesa. 🏅A mellor camada foi para Pedro de Abegondo, ca raza de Grifón Azul de Gascuña.
32
🏅 Caza menor de pelo 1º Premio: Raúl, de Paderne - Can: Terri, un Beagle. 2º Premio: Alvesames - Can: Tango, un Beagle. 3º Premio: Chago Larín - Can: Perea, unha Sabuesa Suíza.
25
🏅Caza menor de pluma 1º Premio: Rubio, de Sada - Can: Arai, un Pointer. 2º Premio: Santiago Mena - Can: Titi, un Setter Gordon. 3º Premio: Iván, de Pontevedra - Can: Sasha, un Setter Inglés.
35
🏅Mellor can: García, de Antas de Ulla, cun Capitán un Gascón Saintongeois. 🏅Caza maior: 1º Premio: Pepe Leira, de Vilarmaior - Can: Amelia, un Sabueso Español. 2º Premio: Manuel Bada - Can: Kango, un Grifón Leonado da Bretaña. 3º Premio: Fran Rozas - Can: Sio, un Porcelana.
14
🔮🗓️ O vindeiro martes, 16 de xuño, organízase un obradoiro de luz negra para nenos/as a partir dos 5 anos. 📍 Terá lugar na Biblioteca Municipal ás 🕕 17:30 horas da tarde. ✍️ A inscrición farase chamando ao número de teléfono 📞 981 669 266.
72
🐾 Este domingo, 14 de xuño, Abegondo converterase no gran punto de encontro para os amantes dos cans de caza. 📍 A finca As Quintás acollerá a Mostra de Cans de Caza nunha xornada que dará comezo ás 10:00 horas.
1
68
🏆 Esta cita, organizada conxuntamente polo Concello e a Asociación de Cazadores de Abegondo, rematará coa tradicional entrega de trofeos a partir das 13:15 horas. 📞 Se queres participar, podes inscribirte chamando ao 669 841 452. 🙌 Non faltes!
57
🏊📢 Do 19 de xuño ao 6 de setembro a piscina de Beche permanecerá aberta en horario de 🕕 13:00 a 21:00 horas. 👥✅ A entrada será gratuíta para todas as persoas empadroadas en @abegondo.
1
1
47
🎉🎶 A parroquia de Cabanas acolle esta fin de semana as súas festas en honra de Santo Antonio! O sábado celebrarase a V Foliada desta festividade e, desde hoxe, venres 5, ata o domingo, 7 de xuño, música 🎤 e gastronomía 😋 animarán o lugar. Animádevos! 🙌
1
50
🔥✍️ Xa podedes solicitar o permiso para realizar as fogueiras da noite de San Xoán no Concello de @abegondo! A petición levarase a cabo a través do seguinte formulario, no que se indican as normas a seguir: ⬇️ docs.google.com/forms/d/e/1F… ℹ️ Para máis información: 981 647 909
1
50
🎵🗓 Xa está dispoñible a axenda cultural 26/27 do Concello de Abegondo / Ayuntamiento de Abegondo! Música, teatro, obradoiros e diversas actividades das que poderedes gozar de balde. ✅ 👉 A primeira sesión será este sábado, 6 de xuño, con 'Camiño da vida tola' de Carapaus.
39
🏎️🌲 O pasado sábado tivo lugar a 3ª edición do Raid de regularidade fototurístico en Abegondo. 🙌 Grazas a todos os participantes por outra edición de éxito!
65
✨🎼 Abegondo acolleu onte a súa Mostra da Cultura, na que puidemos gozar de actuacións musicais e diversas exposicións! O alcalde, José Antonio Santiso Miramontes, acudiu a gozar desta entretida e enriquecedora velada. 🙌
76
🏎️📢 Mañá, sábado 30 de maio, terá lugar a 3ª edición do Raid de regularidade fototurístico, na que colabora o Concello de @abegondo e Greloland SL!
1
96
⏱️🌲 Os participantes deberán manter unha regularidade exacta ao segundo nos tramos cronometrados diurnos e nocturnos polo paisaxe galego, superando os desafíos de visibilidade 👉 sen descuidar os puntos fotográficos. 👏 Moita sorte no rally!
86