📣 Esta semana participamos no I Gran Foro de Innovación e Emprendemento, organizado por
@APDasociacion e a
@Xunta, e no que colaboramos xunto a algún dos nosos asociados, como o
@CPEIG.
Este encontro reuniu a máis de 400 profesionais no
@PALACIOCONGRES co obxectivo de converterse nun espazo de inspiración, aprendizaxe e conexión entre empresas, directivos, emprendedores e institucións.
Ao longo de seis bloques temáticos, distintos voceiros compartiron a súa visión e experiencia sobre innovación corporativa, emprendemento, alianzas, competencias ou xestión financeira.
➡︎ Entre os relatores, non faltaron profesionais dalgunhas das nosas firmas socias, como
@braismendez, CEO de
@docuten, Víctor López, cofounder & CPO de
@councilbox e Gonzalo Martín, CEO de
@InverbisA, que protagonizaron a mesa sobre "Competencias para emprender con éxito: o necesario e o imprescindible".
➡︎
@AlfredoRamosG, director de
@os_de_R, participou no debate sobre "Emprendemento de impacto e dinamización do territorio" e Miguel Varela, fundador de
@TEIMAS, moderou a mesa "Innovación aberta: o poder das alianzas".