📣 Xa estamos no
@ForoTransfiere, un punto de encontro para o ecosistema empresarial, institucional e de investigación, que se celebra dende hoxe até o xoves en Málaga, co obxectivo de impulsar posibles colaboracións entre organizacións e promover a transferencia de coñecemento con impacto real.
▶️ Acudimos cunha delegación liderada pola
@axenciaGAIN, no marco do Programa Ignicia da
@Xunta, que pretende facilitar a transferencia de proxectos tecnolóxicos á sociedade.
🎯 Para a nosa entidade, asistir a esta cita supón unha excelente oportunidade para ampliar a nosa rede de contactos, conectar con proxectos innovadores e situarnos no mapa europeo da innovación.
🌐
transfiere.fycma.com