🎙️ “O meu nome é Nee e esta é a minha voz 1 dia em testosterona”
Começa uma adventura: um podcast onde me acompanharás na minha transiçom hormonal e tomando um T (💉/☕️). Cada episódio, um ritual de passagem e uma voz algo mais grave.
Escuita já o 1º: open.spotify.com/show/0xw7DA…
ALT Letra duma nova música do Bad Bunny. Di:
“Quieren quitarme el río y también la playa
Quieren al barrio mío y que abuelita se vaya
No, no suelte la bandera ni olvide' el lelolai
Que no quiero que hagan contigo lo que le pasó a Hawái”
A cançom é “Lo que le pasó a Hawái”.
Sabias que há persoas possuídas por espíritos que nom precisam de exorcismo nengum? Só necessitam uma comunidade e dançar de vez em quando. É o ritual do Zār!
Para saber mais, vai ouvir o novo episódio do meu podcast a partir do minuto 8! 👇
open.spotify.com/episode/2xQ…
🏳️🌈🏳️⚧️ Hoje, em Vigo!
Vou falar com @Nosmesmas de Heartstopper e a traduçom ao galego em @Xerais. Se vés, fas-me mui feliz e podes perguntar todo o que queiras! 💙🍂
👉 Às 19:00 na rúa Conde de Torrecedeira, 19, baixo
Estará ali a @Cartabon_Libr vendendo os 2 primeiros volumes
ALT Cartaz do evento. Lemos: 13 dec. 19h.
Faladoiro
HEARSTOPPER E OS
NOSOS REFERENTES
Con Nee Barros, traductore do cómic.
Aparece uma foto de Nee e os logos da associaçom Nós Mesmas e da deputaçom de Ponte Vedra. Também há arco-iris e uma boca que di: “mocidade LGTBI PRESENTE!”
Ademais do certame, desde Youtubeitras organizamos formacións sobre creación de contidos en galego para público novo e ... quen mellor para ilustrar este tema que a man de quincallada que vedes nas fotos ;)
✅ As sesións deste ano alá foron xa! Até o curso próximo🔥 .
ALT Imaxe de Olaxonmario de pé facendo un obradoiro con xente sentada de costas mirando para el.
ALT Dúas imaxes de Laura Veiga no momento de impartir un obradoiro.
ALT Imaxe de María Rúa de pé facendo un obradoiro con xente sentada de costas mirando para ela.
ALT Dúas imaxes de Olaxonmario e Laura Veiga impartindo obradoiros e a frase Fiadeiros dixitais Youtubeiras plus 2024.
Parece que o erro persiste, nom vos deu tempo a arranjá-lo em 2 meses @monbusinfo? 😕
Segundo o artigo 10 da lei 3/1983 de normalización lingüística: “Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega”.
ALT O bus VAC-259 de Monbus pom, entre as suas paradas, Orense.
O PREMIO DO PÚBLICO QUEBROU RÉCORDS! Nesta edición votastes máis que nunca! Anotade o día no que se desvelará o resultado: 1 de febreiro, ás 19h, no Pazo da Cultura de Narón, na gala dos premios Youtubeiras 2024.
Ven ti, e que non cho conten!
#youtubeiras#FachendaAoCadrado
😱 Un crime no premio do público de #Youtubeiras !
Non te preocupes! O noso equipo de detectives descubriuno e parámolo a tempo 🙂↕️
Cada voto conta, mais só se non facedes trampas! 😢
Para decidir o vídeo gañador, vota XA! O prazo acaba este xoves
#FachendaAoCadrado
A creación de universos posíbeis de tenrura e amor para adolescentes, no concreto adolescentes LGBTQI, é ben importante. Explícao @neeumatiko que vén de traducir ao galego o primeiro volume do best-séller #Heartstopper de Alice Osman
@Xerais en singular nostelevision.gal/heartstopp…
💥 Queres decidir o premio do público de #Youtubeiras ? Estes son os 4 vídeos en cabeza!
Levamos máis de 3000 votos e aínda non está claro o gañador! Ti podes mudalo TODO
Vai a youtubeiras.gal e vota o teu favorito, que este xoves 5 acaba o prazo
#FachendaAoCadrado
🏴☠️ Este luns 2, o noso clube de leitura LGBTIQA zarpa nunha nova aventura!
💎 Exploraremos “Pirata”, de María Reimóndez: unha novela que usa figuras históricas da pirataría para reflexionar sobre identidade e liberdade.
🦜 Contaremos coa presenza da capitá @reimondez!
ALT Cartaz do encontro aberto do clube de leitura sobre o libro “Pirata” coa autora, María Reimóndez. Vai ser o 2 de decembro ás oito da tarde no bar La Hormiga, en Pontevedra. Hai un debuxo dun grupo de persoas a ler enriba da herba, entre plantas.
⚠️ Abrimos a votación para o premio do público de #Youtubeiras !
Do 25 de novembro ao 5 de decembro, TI podes decidir cal foi o mellor vídeo de 2024. Revelaremos o resultado na gala: o 1 de febreiro en Narón.
Non deixes que decidan por ti! 🗳️
#FachendaAoCadrado
Saim de ver “Hellen Keller, a muller marabilla?” de @chevereteatro. Creo que é das minhas obras favoritas. É um exemplo de como pensar o teatro DESDE a acessibilidade, com a agência das persoas discapacitadas no centro e contra as histórias de superaçom, os mitos. Mui recomendada
📣 Xa podemos anunciar o número oficial de canles inscritas nesta edición de #Youtubeiras !
Moito camiñamos este ano, concretamente de Compostela a Narón. Agora é a vez do xurado de percorrer este camiño e admirar a paisaxe 🚶🌲
#FachendaAoCadrado
ALT Un texto di: "se cada inscrición en Youtubeiras fose 1 quilómetro, chegariamos de Compostela a Narón". Aparece un pictograma dunha persoa a camiñar e un debuxo dunhas escaleiras. O marco é un cadrado vermello, como o elemento central desta edición de Youtubeiras .
ALT Dentro do mesmo marco vermello, unhas letras din "este ano temos 89 canles inscritas!"
agora que ven o nadal, a quien no le va a gustar unha encarga personalizada del siglo primero despues de cristooo
idea: transformar en viñetas a anécdota esa tan divertida que viviches coas túas amigas e que tanto rememorades ;)
com todo o meu amor para o @IagoGordillo e o @carloscallon, eu quero-os muito os dous, mas fijo-me muita graça isto
ALT Um cam grande e forte que di: “busca titoriais de filloas”.
Um cam pequeno que di: “busca voces que creen co corazón e a lingua desde Galiza para o mundo”.
Queres facerlle as (youtu)beiras ao noso xurado? 😏
ABRIMOS FÍO coas chaves para o éxito: tensión creativa, bo uso da lingua, filloas, reparación de lavadoras… 🔥🥵
#youtubeiras
(1/4 🧶)
Continúa nas respostas 👇
ALT Un texto di "queres facerlle as beiras ao xurado de Youtubeiras ?", cun debuxo dun lume ao lado. Debaixo hai unha emoticona dunha boca a morder o beizo inferior suxestivamente. Tamén aparece o texto "desliza para saber como roubar os seus corazóns", cun pictograma ao lado.
Queres facerlle as (youtu)beiras ao noso xurado? 😏
ABRIMOS FÍO coas chaves para o éxito: tensión creativa, bo uso da lingua, filloas, reparación de lavadoras… 🔥🥵
#youtubeiras
(1/4 🧶)
Continúa nas respostas 👇
ALT Un texto di "queres facerlle as beiras ao xurado de Youtubeiras ?", cun debuxo dun lume ao lado. Debaixo hai unha emoticona dunha boca a morder o beizo inferior suxestivamente. Tamén aparece o texto "desliza para saber como roubar os seus corazóns", cun pictograma ao lado.
NON CHORES! Aínda tes até as 23:59 de hoxe para inscribir a túa canle de YouTube e/ou TikTok no certame Youtubeiras . Tamén, se tes un vídeo favorito, podes candidatalo ao "Premio do público".
Entra en youtubeiras.gal e dálle, que agardamos por ti!
#youtubeiras
Ola a todos, o @RapaTransquilo e mais eu organizamos un evento en Ourense para recadar fondos para o @ahmedziaddd e a súa familia.
Eu de vós non o perdía que van vir os @gekkobando dende Ponferrada!
Haberá concertos, xogos e moito máis. Pásate por alí e pasa o cartel!
RT 🇵🇸