Hoxe estivemos no Foro ALIA de Tecnoloxías da Linguaxe e Industria, unha iniciativa impulsada polo Proxecto Nós, do que formamos parte, celebrado no Centro de Estudos Avanzados da
@UniversidadeUSC.
O evento reuniu a empresas, persoal investigador e institucións para presentar, entre outras cuestións, casos de uso reais desenvolvidos a partir dos recursos lingüísticos e tecnolóxicos do proxecto, como ⬇
▸ Diego Vázquez, sociodirector en
@imaxinsoftware, deu a coñecer VERA, unha plataforma para a avaliación avanzada de sistemas de tradución automática.
▸ Manuel Torres,
@DimensionaCT, afondou no seu asistente virtual intelixente en galego para facilitar o acceso da cidadanía á información pública.
▸ Mateo Bodenlle, fundador de
@osixtech, centrouse na súa plataforma de avaliación de textos e exposicións orais, asistida por IA, orientada ao contexto de avaliación lingüística e de preparación de probas académicas.
Outro dos eixos centrais do encontro foi a presentación de ALIA Kit, unha colección aberta de modelos, conxuntos de datos, ferramentas e demostradores para facilitar o desenvolvemento de aplicacións e servizos de IA nas linguas do Estado.
O foro reafírmase así como un espazo para favorecer a transferencia de coñecemento e a incorporación dos avances en tecnoloxías da linguaxe aos procesos de innovación empresarial, segundo destacou
@SenenBarro, director do
@citiususc.
usc.gal/gl/xornal/novas/prox…