O galo celta, criado en liberdade e ligado ao territorio, é un grande emblema do produto local galego e da cociña de proximidade.
O CANTO DO GALO, de Rubén González, de El Cafetín de Pontevedra, é un tributo a esta especie desde a filosofía de aproveitamento total. Un prato que percorre todas as posibilidades do produto, combinando tradición e técnica nunha proposta chea de matices.
🍗 Royale de galo celta coroada con peituga curada, crocantes da súa pel, brotes de chícharo, caldo intenso en pipeta e unha escuma de millo con aire de cebada.
#Galicia #GaliciaCalidade #Xacobeo2027 #SeteCidadesSeteSabores #Pontevedra