Pois parabéns, @ListaSuso, percebeiro do Roncudo ao que coñecín na época esplendorosa do Blogomillo; e que por estoutra silveira seguimos sachando.
Aperta desde A Ulloa, compañeiro!
Antes de X/Twitter os diálogos eran nos comentarios a pé de entrada do blog. O tempo do blogomillo. E canto perdeu Ourense o día que se nos foi Marcos Valcárcel! 😢
Cando no tempo do blogomillo o @bretemas e o benquerido Marcos Valcárcel eran dúas das plumas máis destacadas, eu ás veces comentaba logo cousas dos dous co meu pai. E el sempre dicía do primeiro aquilo de "claro, é mestre". Como dicindo, un dos nosos.
aregueifa20.net/2023/05/o-ou… O OUTRO LADO DA PANTALLA. UNHA HISTORIA UNDERGROUND DA INTERNET GALEGA🎥Un documento impresincíbel obra de @myanllo para xs que, por idade, non coñeceron os tempos do Blogomillo, Chuza!, Fotolog, Vieiros, a VA-CA ou a propia Regueifa Plataforma 1.0
Desde os primeiros buscadores e ferramentas online para aprender en galego, os primeiros medios como Vieiros, o activismo dixital arredor de Nunca Máis, o humor de Diniro, VA-CA ou Aduaneiros ata o blogomillo, os Fotologs, Chuza, a Galipedia...
👉vinte.praza.gal/multimedia/o…
#AProfaRecomenda o blog dos blogs no blogomillo. Se houbese unha catástrofe informativa mundial no mundo dos blogs e só puidese salvar un (que non fose o meu, claro!) sen dúbida ningunha salvaría as @Brétemas de Bragado que veñen de cumprir os seus 17 anos. Mil Parabéns! 💙💙💙
«Brétemas 17 anos»
bretemas.gal/onte-2139/#Blogomillo#Brétemas#Blogs
«Ollando cara atrás continúo coa esperanza que expresaba con inxenuidade naquela primeira anotación de 2005, na que lembraba unha presentación de Xerais en Froxán, no corazón do Courel de Novoneyra...»
«Brétemas 17 anos»
bretemas.gal/onte-2139/#Blogomillo#Brétemas#Blogs
«Ollando cara atrás continúo coa esperanza que expresaba con inxenuidade naquela primeira anotación de 2005, na que lembraba unha presentación de Xerais en Froxán, no corazón do Courel de Novoneyra...»
Está no forno o próximo episodio do podcast Retrocorenta. Con cousas internáuticas vintage. IRC, Messenger, Fotolog, Blogomillo, xente que vai tendo unha idade falando das súas cousas...👌 O xoves, aquí praza.gal/especial/retrocore…
Non é sorpresa, sabendo quen hai detrás, mais é unha comunidade moi acolledora e percibo esa sensación que tiña no blogomillo de que calquera pode aportar algo.
Se alguén preguntara onde teño atopado un espírito semellante ao do blogomillo de mediados dos 2000, diría que no @podgalego. Hai unha mestura de xente con moita experiencia e outra acabada de chegar compartindo experiencias e ilusión. Todo o mundo é benvido.
🎧Como recolleu nesta liña do tempo @mvizaguirre, no pasado houbo iniciativas como o blogomillo que xeraron auténticas comunidades dixitais na nosa lingua. Nós tamén impulsamos @podgalego, xa vai para 15 anos, e a cousa parece que non foi mal 🙃 blogue.agora.gal/2021/01/01/…
Coñecín a Suso na época de esplendor dos blogs. Daquela o chamado blogomillo campaba vizoso. El xa era un consagrado blogueiro cando eu empezaba a facer primeiras raias na Chousa.
Despois, cando empezou a sair na TVG, sentíao como se fose da miña familia, a familia do #blogomillo